viernes, 27 de abril de 2012

Entrevistas á Plataforma de Afectados pola Hipoteca Vigo-Baixo Miño e ao edil de Servizos Xurídicos do Porriño 25/04/12

1. Entrevista á Plataforma de Afectados pola Hipoteca Vigo-Baixo Miño

A Plataforma de Afectados pola Hipoteca Vigo-Tui Baixo Miño xurdiu en outubro do ano pasado para dar apoio a aquelas persoas que se atopan en risco de perder a súa vivenda habitual por non ser quen de facer fronte ao pago da hipoteca. Este colectivo traballa xunto con outros de toda España na posta en marcha dunha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para frear desafiuzamentos, promover a dación en pago e o aluguer social.

http://stopdesahuciostbm.wordpress.com/noticias/
Dende a plataforma animan a todos aqueles que se atopen en risco de perder a súa vivenda a unirse para tratar de chegar a un acordo coas entidades bancarias como o fixeron Suso e Clara, un matrimonio de Mos que se enfronta a un desafiuzamento o día 4 de maio.

Este sábado 28 a plataforma comeza a recoller sinaturas para chegar ás 500.000 necesarias para poñer en marcha a ILP e tamén organizan tamén unha gala benéfica.

Falamos de todo isto con Carlota Pérez, vocal na plataforma. Podes escoitar a entrevista se pinchas o seguinte enlace:
http://archive.org/download/EntrevistaPlataformaAfectadosHipotecaVigo-baixoMio25-04-12/EntrevistaPlataformaAfectadosHipotecaVigo-baixoMio25-04-12.mp3


2. Entrevista Oficina de Intermediación Hipotecaria Porriño 


Carlos Martínez, de fronte, durante a sinatura do convenio
O Colexio Provincial de Avogados de Pontevedra e o Concello do Porriño veñen de asinar un convenio para crear no municipio unha oficina de intermediación hipotecaria. O Porriño é así pioneiro en dispoñer deste servizo de asesoramento e apoio a aquelas persoas que, ao non poder pagar a hipoteca, corren o risco de seren desafiuzados. Dous días a semana e de xeito gratuíto avogados atenderán en dependencias municipais a persoas que estean nesta situación tendo preferencia aquelas que pertenzan a colectivos en risco de exclusión social.

Nós falamos con Carlos Martínez, edil de Servizos Xurídicos do Porriño, para afondar nos detalles:
http://archive.org/download/EntrevistaACarlosMartnezEdilServizosXuridicosPorrioSobreOficina/EntrevistaCarlosMartnezOficinaIntermediacinHipotecaria25-04-12.mp3

Aquí podes escoitar a historia de Jesús Fernández e Clara Fervenza, un matrimonio de Mos ao que o banco lle  poxou a casa e que non ten onde ir se os botan:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/04/entrevista-familia-de-mos-que-se.html


*Entrevistas SOLIDARIEDADE E BENESTAR SOCIAL LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas INSTALACIÓNS E SERVIZOS LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño

No hay comentarios:

Publicar un comentario