viernes, 20 de abril de 2012

Entrevista á familia de Mos que se enfronta a un desafiuzamento por non poder pagar a hipoteca 17/04/12

Clara e Jesús no noso estudo
Jesús Fernández e Clara Fervenza son un matrimonio de Mos con dúas fillas (unha delas menor de idade) que se enfronta a unha orde de desafiuzamento porque non foron quen de pagar a hipoteca logo de que Jesús quedase no paro. O Banco Popular sacou a poxa a súa casa na parroquia de Cela e agora teñen que abandonala antes do día 4 de maio. A situación agrávase xa que a maiores, a familia ten que facer fronte ao pagamento da débeda que contraeu co banco máis intereses e actualmente só subsisten cos 500 euros que gaña Clara no seu traballo a media xornada. 

Grazas ao apoio da Plataforma de Afectados pola Hipoteca de Vigo- Tui-Baixo Miño conseguiron ser recibidos polo banco e facer a súa petición de optar a un aluguer social para poder seguir vivindo temporalmente na súa casa. A espera dunha resposta, Jesús e Clara non perden unha feble esperanza, pero afirman que non teñen onde ir se os botan. 

Preme o seguinte enlace para escoitar a entrevista que lle fixemos:
http://archive.org/download/EntrevistaMatrimonioDesahucioMosJessEClara17-04-12/EntrevistaMatrimonioDesahucioMosJessEClara17-04-12.mp3

--> O 30 de abril volvemos falar con Jesús Fernández logo de que a cinco días para o desafiuzamento o banco aínda non lles dese unha resposta. Falamos con el durante unha concentración que fixo xunto coa súa muller ás portas do banco en Vigo e apoiado por membros da Plataforma de Afectados pola Hipoteca. Para escoitar o que nos contou preme o enlace: 
http://archive.org/download/EntrevistaASusoParaFalarDoDesahucioInminenteEConcentracinDianteDo/EntrevistaMatrimonioDesahucioMosIiSusoEClara30-04-12.mp3

--> O 4 de abril paralizouse o desafiuzamento temporalmente a un día de que a familia tivese que abandonar a casa. Falamos novamente con Jesús para que nos contase cal foi o acordo ao que chegaron co banco: 
http://archive.org/download/EntrevistaParalizacinDesahucioFamilidaDeMosJess04-05-12/EntrevistaParalizacinDesahucioFamiliaMosJess04-05-12.mp3

Aquí podes escoitar unha entrevista posterior que lle fixemos á Plataforma de Afectados pola Hipoteca Vigo-Tui Baixo Miño que presta apoio a esta familia e a outras persoas en situacións similares: 
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/04/entrevistas-plataforma-de-afectados.html

*Entrevistas SOLIDARIEDADE E BENESTAR SOCIAL LOURIÑA na Radio Municipal do Porriño

No hay comentarios:

Publicar un comentario