lunes, 30 de abril de 2012

Entrevista a Raúl Francés tras a renuncia á súa acta de concelleiro do BNG no Porriño 24/04/12

Raúl Francés
Raúl Francés, exalcalde do Porriño, vén de renunciar á súa acta de concelleiro no Porriño logo de abandonar o BNG. Tamén o fixeron X.R. Paz Antón e Victoria Cardoso, número dous e número cinco nas listas municipais respectivamente. Francés e Cardoso fixérono logo de que o BNG rexeitase a súa proposta de continuar como concelleiros independentes. Raúl Francés di non sentirse "cómodo" no BNG actual porque aposta por "un nacionalismo máis aberto á xente". Polo de momento, continuará na vida política do municipio porriñés como independente e á espera de que tome forma o novo proxecto escindido do BNG. 

Preme neste enlace para escoitar a entrevista: 
http://archive.org/download/EntrevistaRaulFrancesRenunciaActaConcelleiroPorrio24-04-12/EntrevistaExalcaldePorrioRaulFrancesSobreRenunciaActa24-04-12.mp3

Aquí podes escoitar a entrevista a Paz Antón a quen entrevistamos tamén logo da entrega da súa acta de concelleiro:
http://siradioporrino.blogspot.com.es/2012/04/entrevista-paz-anton-tras-renuncia-da.html

*Entrevistas TEMAS POLÉMICOS na Radio Municipal do Porriño
*Entrevistas ALCALDES E CONCELLEIROS na Radio Municipal da Louriña

No hay comentarios:

Publicar un comentario